
Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?
Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?
É unha asociación sen ánimo de lucro que se constituiu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.
Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?
GDR Costa da Morte somos unha asociación sen ánimo de lucro creada para integrar e representar aos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento deste territorio.

COMO
AXUDAMOS
A CREAR
As nosas competencias abarcan desde a xestión de axudas do Programa “Leader Galicia 2014-2020” ata a promoción e divulgación do noso territorio. Informamos e asesoramos á poboación rural sobre os programas de desenvolvemento rural e incentivamos a participación activa nos mesmos, ademais de promover e captar iniciativas acompañando aos promotores no proceso de maduración dos proxectos.
Outra vertente do noso traballo é dar a coñecer os valiosos recursos e o gran patrimonio destas terras, dende o turismo, a gastronomía, o patrimonio inmaterial, artístico, arqueolóxico ou natural.
17
XOIAS
O GDR Costa da Morte está composto por 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
Cada concello é único e aporta un gran valor á nosa iniciativa, desde recursos naturais, económicos, turísticos, culturais, gastronómicos, patrimoniais ata iniciativas pioneiras da nosa xente; o aproveitamento e a divulgación destes bens promoven o desenvolvemento do noso ámbito.
Coñecelos todos é descubrir unha gran parte da riqueza da nosa terra.




SELECCIÓN DE PROXECTOS DO PROGRAMA LEADER. ANUALIDADE 2023
Unha vez pechadas as convocatorias para a presentación de solicitudes de axuda ao abeiro do programa Leader 2017-2020 para esta anualidade, procedemos á publicación dos resultados da selección dos proxectos que concurriron nas distintas categorías dentro da medida 19.2 Apoio para a realización de operacións conforme á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo.
resolución sobre a selección do GDR costa da morte como candidata a entidade colaboradora da medida leader galicia 2023-2027
Con data 20 de setembro de 2022 a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural emitiu a "Resolución sobre a selección do Grupo de Desenvolvemento Rural da Costa da Morte como organización candidata a converterse en entidade colaboradora na Medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, así como para a concesión dunha subvención orientada á adquisición de capacidades e para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para o período de programación 2023-2027".
A axuda para as accións preparatorias está cofinanaciada polo fondo FEADER, polo MAPA e por AGADER.