Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Situación da zona en Galicia

O territorio de actuación da Asociación Costa da Morte-GDR está constituido polas comarcas de Bergantiños, Fisterra, Terra de Soneira e polos concellos de Carnota e Mazaricos. Todos estes concellos pertencen á zona chamada Costa da Morte. Está no noroeste de Galicia e abarca todo o territorio costeiro que vai dende o Ancoradoiro - Lariño (Carnota) ata Caión (A Laracha) e ademáis os concellos de Coristanco, Mazaricos e Zas. Este territorio é o definido por AGADER no mapa territorial proposto para o GDR 22, nas bases do Programa Leader Galicia 2014-2020.

Situación da zona en Galicia

Mapa do Territorio

A Asociación Costa da Morte - GDR abarca os seguintes concellos da Costa da Morte: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Mapa do territorio

O número total de habitantes de tódolos concellos que forman o GDR é de 117.083 habitantes, segundo datos do Instituto Galego de Estatística de 2015 e obtidos a partir do Padrón municipal de habitantes vixente, e a súa superficie total que abarca todos os concellos alcanza a 1.713,7 km 2

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com