Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte
Obter Adobe Flash player
Precízase ter javascript activado e Adobe Flash Player instalado, para visualizar correctamente esta páxina.

Programa Leader 2014-2020

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE PROXECTOS CON CARGO Á MEDIDA LEADER DO PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO RURAL DE GALICIA 2014-2020

Con data 31 de xaneiro de 2017 abriuse o prazo para a solicitude de axudas ao abeiro do programa LEADER 2014-2020. O ámbito de actuación do programa no territorio do GDR Costa da Morte abarca os seguintes Concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carnota, Carballo, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

INFORMACIÓN E CONSULTAS

Para a presentación de solicitudes os interesados deben entrar na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), sendo obrigatorio para persoas xurídicas e entidades públicas a presentación por esa vía, ou ben, dirixirse ás oficinas do GDR no caso de persoas físicas. Máis información nas oficinas da Asociación Costa da Morte GDR: en Vimianzo, Edificio de Servizos Múltiples, r/ A Torre s/n ou no Centro Comarcal de Bergantiños, Lg. A Camposa s/n en Buño (Malpica de Bergantiños).
Teléfonos de contacto: 981717358 (Vimianzo) / 608633222 (Buño).
email: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com

HORARIOS A EFECTOS DE REXISTRO DE DOCUMENTACIÓN:
Mañás: De Luns a Venres de 9:00 a 14:00 horas
Tardes: Luns de 15:30 a 18:30 horas

Listaxe de ligazóns

Listaxe de descargas

Asociación de Desenvolvemento da Costa da Morte | © by Abertal

R/A Torre, s/n – Edificio Servicios Múltiples - 15129 - Vimianzo (A Coruña) - Blog
T:981 717 358 -F:981 717 208 -E-mail: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com