> Pasos a seguir
Tipo de proxectos que se financian
Os proxectos que se poden presentar son de dous tipos:
. Actividades e Inversións de Carácter Produtivo
. Actividades e Inversións de Carácter Non Produtivo
> Os Proxectos Produtivos.
Son os que supoñen o inicio ou o desenvolvemento dunha actividade económica e/ou estean afectos a unha actividade económica lucrativa.
> Os Proxectos Non Produtivos.
Terán a consideración de proxectos non productivos aqueles que cumpran os seguintes requisitos:
1. Que estean promovidos por entidades sen animo de lucro, entidades públicas locais, CMVMC ou mancomunidades de MVMC.
2. No caso das entidades públicas locais, que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica por si mesma ou de maneira coadxuvante ou que constituindo unha actividade económica os ingresos que xeren procedan de taxas. Cando os ingresos procedan de prezos públicos terán a consideración de non productivos no caso de que o beneficio neto non supere o valor de capitalización do investimento ao xuro legal do diñeiro.
No caso de xestión da actividade económica por medio de concesión, o proxecto terá a consideración de productivo.
3. No caso de proxectos promovidos por entidades sen ánimo de lucro ou comunidades ou mancomunidades de montes veciñais en man común, serían non productivos os que non supoñan o inicio ou desenvolvemento dunha actividade económica por si mesma ou de maneira coadxuvante.
No caso de constituir unha actividade económica, aplicaranse, para a súa consideración como proxectos productivos ou non productvos, os mesmos criterios que para as entidades públicas locais en materia de prezos públicos.
4. En todo caso, os proxectos non productivos deberán ser de interese público, é decir, deberán ser proxectos que afecten, interesen ou beneficien á poboación en xeral.
> Os proxectos clasifícanse en tres categorías en función da prioridade:
1. Proxectos Non Produtivos de Prioridade Alta:
-
Servizos de igualdade e benestar á poboación, a integración de comunidades marxinais e de inmigrantes, o coidado das persoas maiores e a promoción dun envellecemento activo e saudable das mesmas, o investimento en proxectos que supoñan tamén melloras na formación para o acceso ao emprego, tales como: centros de inclusión e emerxencia social, centros de integración, inserción ou inclusión socio- laboral para discapacitados, escolas infantís, centros de maiores non dependentes (pisos tutelados, vivendas comunitarias, centros de día), centros de formación ou similares.
-
Investimentos relacionados co uso e a mellora da accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación (TIC) no medio rural, tales como aulas de formación, telecentros, aulas de informática, plataformas dixitais de servizos a empresas ou á poboación en xeral, banda ancha,..
-
Proxectos de utilización de enerxías alternativas ou eficiencia enerxética, como por exemplo a instalación de caldeiras de biomasa, placas solares, mecanismos e equipamentos que permitan a redución do consumo de auga, ou aproveitamento hídrico, etc.
2. Proxectos Non Produtivos de Prioridade Media:
-
Actuacións de recuperación patrimonial, paisaxística e etnográfica, tales como actuacións ambientais, aulas da natureza, centros de interpretación, museos, intervencións arqueolóxicas, recuperación de construcións de interese arquitectónico, social ou cultural.
-
Centros de promoción de recursos e puntos e puntos de información turística.
-
Centros sociais (creación, modernización e dotación de equipamentos).
3. Proxectos Non Produtivos de Prioridade Baixa:
-
Infraestruturas de lecer (ludotecas, áreas recreativas, parques ou espacios de ocio, etc.)
-
Instalacións deportivas, en coordinación co departamento sectorial competente.
-
Todos os proxectos que non se contemplan nos apartados anteriores que poidan ser elexibles e teñan a natureza de non produtivos.
A documentación que terán que presentar os promotores, para a Solicitude de Axuda,
será a indicada nos seguintes enlaces:
Documentación proxectos produtivos
Documentación proxectos non produtivos
Os modelos normalizados necesarios para a presentación da documentación referida, estarán a disposición dos interesados na sede do GDR e na sede electrónica da Xunta de Galicia, así como no listado de descargas que aparece a continuación.
Listaxe de descargas
> Anexos II - XIV. Solicitude de axuda e resto de modelos (ata o anexo XIV incluído)
> Anexo III. Resumo do proxecto - Plan de empresa (proxectos produtivos)
> Anexo IV. Resumo do proxecto - Plan de xestión (proxectos non produtivos)
> Anexo V. Orzamento do proxecto
> Anexo VI-A. Relación de ofertas solicitadas e elexidas
> Anexo VI-B. Declaración sobre as ofertas solicitadas e elexidas
> Anexo VII. Solicitude de anticipo
> Anexo X. Solicitude modificación resolución
> Anexo XI. Solicitude de pagamento
> Anexo XII. Relación de equipos subvencionados
> Anexo XIII. Declaración outras axudas
> Anexo XIV. Xustificación de emprego
> Recomendación de contidos da memoria do proxecto
> As solicitudes de axuda e documentación complementaria presentaranse:
Na sede electrónica da Xunta de Galicia, no enderezo https://sede.xunta.gal
Oficinas da Asociación Costa da Morte-GDR:
Edificio de Servicios Múltiples,
R/A Torre, s/n, 15129 Vimianzo.
Centro Comarcal de Bergantiños,
A Camposa, s/n,
Buño, 15111 Malpica de Bergantiños