top of page

Baremo e POrcentaxe

de Axuda

Baremo

Unha vez que o promotor presente a solicitude de axuda, xunto con toda a documentación necesaria para a tramitación do expediente, hai que elaborar o Informe de Control de Elexibilidade (ICE) por parte do equipo técnico do GDR para remitir á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER).

 

Unha das cousas que hai que reflexar no ICE é a baremación e puntuación acadada polo proxecto. No ICE informarase de se o proxecto é subvencionable ou non, da puntuación acadada e da subvención que lle corresponde, se é o caso. Se o proxecto é subvencionable, en función da puntuación acadada corresponderalle unha determinada porcentaxe de subvención.

Hai un baremo para proxectos productivos e outro baremo para proxectos non productivos.

Porcentaxe de Axuda

Se o proxecto é subvencionable, haberá que acadar unha puntuación mínima de 20 puntos para ter dereito a subvención, e en función do tipo de proxecto corresponderalle unha porcentaxe de axuda ou outra.

Porcentaxe de axuda para cada tipo de proxecto.


Proxectos produtivos:

Nota de corte: 20 //  % de axuda: 22,00% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 40%

Proxectos non produtivos prioridade alta

Nota de corte: 20//  % de axuda: 72,00% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 90%

Proxectos non produtivos prioridade media

Nota de corte: 20 //  % de axuda: 52% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 70%

Proxectos non produtivos prioridade baixa

Nota de corte: 20 //  % de axuda: 32,00% //  Nota máxima: 65 // % de axuda: 50,00%

 

O cálculo da porcentaxe de asignación de axuda, calcúlase mediante unha relación proporcional directa, cos puntos asignados na valoración, axustando a porcentaxe a dous decimais.

A maiores dos límites de financiamento establecidos con carácter xeral nas bases reguladoras, establécense unhas limitacións ao financiamento de proxectos non produtivos:

 

> As entidades públicas locais, terán como límite máximo de axuda en todo o período de 38.000 € para cada concello.

> O resto de entidades (institucións de carácter privado), que poden ser beneficarias de proxecto non produtivos, terán como límite máximo tamén 38.000 € por entidade promotora para todo o período.

 

> No caso de proxectos que se realicen conxuntamente entre varias entidades poderase incrementar a axuda ata os importes máximo fixados no Réxime de Axudas.

bottom of page