top of page

>  Criterios xerais

Territorio Elexible

O ámbito territorial cuberto pola Medida Leader no Marco do PDR de Galicia 2014-2020 que xestiona a Asociación Costa da Morte - GDR  corresponde coa totalidade do territorio dos concellos do ámbito de actuación desta asociación, que son os seguintes: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Requisitos Xerais

Estar localizados no ámbito de actuación da Asociación Costa da Morte –GDR.

 

Ser viables técnica, económica e financeiramente, para proxectos de natureza productiva.

Axustarse á normativa sectorial (comunitaria, estatal e autonómica) que resulte de aplicación para cada tipo de proxecto.

 

Ser finalistas, é decir, que na data da xustificación final das inversións os gastos subvencionados cumplan os obxetivos e funcións para os que foron aprobados os proxectos.

 

Ter carácter innovador, entendendo innovación non só como innovación tecnolóxica, sinón como a exploración de novas formas de enfrentarse aos retos de cada territorio.

 

Que a inversión para a que se solicita a axuda non esté iniciada.

Beneficiarios

Poderá ser beneficiario destas axudas calquera persoa física ou xurídica que promova un proxecto no ámbito de actuación da Asociación Costa da Morte – GDR, polo que os proxectos poderán ser promovidos por:

Persoas físicas


Persoas xurídicas de carácter privado

. Sociedade laboral

. Sociedade mercantil

. Sociedade civil

. Soc. Agraria de transformación

. Cooperativa

. Asociación

. Fundación

Entidades públicas de carácter local ou comarcal: concellos, mancomunidades, consorcios i entidades dependentes das anteriores.


As comunidades de montes veciñais en mancomún e as súas mancomunidades

AS COMUNIDADES DE BENS NON PODEN SER BENEFICIARIAS

Non poderán ser beneficiarios as agrupacións de persoas xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade que careza de personalidade xurídica propia.

Os beneficiarios deberán cumprir os requisitos de pequeña empresa.

Tipoloxía de Proxectos Subvencionables

Serán subvencionable os proxectos que teñan encadramento na Estratexia de Desenvolvemento Local do GDR e sempre e cando cumpran as condicións de subvencionabilidade que se especifican nas fichas de elexibilidade recollidas no Capítulo VII das Bases Reguladoras da Medida Leader (Réxime de Axudas). A continuación enuméranse as Fichas de Elexibilidade:



PROXECTOS PRODUTIVOS

Ficha I. Os investimento no sector da producción agraria primaria.

Ficha II. Os investimento en transformación e comercialización de productos agrarios.

Ficha III. Os investimento en transformación e comercialización de productos forestais.

Ficha IV. Os investimentos que supoñan diversificación das explotacións agrarias cara actividades non agrarias.

Ficha V. Investimentos que supoñan a creación, modernización ou ampliación de todo tipo de empresas que desenvolvan actividades non agrarias.

Proxectos non produtivos.

PROXECTOS NON PRODUTIVOS

Ficha VI. Investimentos en proxectos non produtivos

Poderán subvencionarse proxectos que teñan un interese público ou colectivo, é dicir, que afecten intereses ou beneficien dalgún xeito ó conxunto da poboación ou á sociedade en xeral.


Serán subvencionables, entre outros, os proxectos referidos á creación, mellora ou ampliación de todo tipo de servizos para a poboación rural como as actividades recreativas e culturais, xunto coas infraestructuras á pequeña escala.

Gastos-Inversións Subvencionables

Os gastos-inversións subvencionables están reflexados no Réxime de Axudas no artigo 4 do Capítulo I (Normas Xerais) e en cada unha das fichas de elexibilidade (Capítulo VII).

Presentación Solicitudes de Axuda

As solicitudes de axuda deberán presentarse por vía electrónica na Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

bottom of page