> Proxectos Non Produtivos
Listaxe de Proxectos
Proxectos Non Produtivos Aprobados
> Renovación da Instalación de Alumeado do Campo de Fútbol e
do Pavillón polideportivo de “O Conco – Dumbría”
Expediente: L17-1920-22-0009
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Dumbría
O Conco (Dumbría)
44 puntos
Alta
81,60%
55.939,35€
38.000,00€
O proxecto consiste na renovación do alumeado exterior do campò de fútbol e da cancha deportiva do pavillón municipal, co obxecto de lograr unha mellora da eficiencia enerxética, logrando un aforro de enerxía anual (66,06% no campo e 59,6% no pavillón) e unha diminución de CO2 de mais de 7 Tn.
> Aula Gastronómica de Mazaricos
Expediente: L17-1920-22-0032
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Mazaricos
A Picota (Mazaricos)
56 puntos
Alta
86,40 %
41.973,98€
36.265,52€
Vaise acondicionar un local e adquisición de maquinaria e mobiliario para facer unha aula-obradoiro, unha aula de formación teórica e unha sala de exposición/degustación. Na aula de prácticas vai haber 6 mesados para alumnos e 1 para o docente, e cada mesado levará unha placa vitrocerámica, un forno, un fregadeiro e unha zona de traballo. Na aula para a teórica haberá TV, tablets, taboeiro dixital, proxector,…
> Homologación Aula para Certificado de Profesionalidade
en traballos de Carpintería e Moble
Expediente: L17-1920-22-0035
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Cabana de Bergantiños
O Cruceiro – Anos (Cabana)
39 puntos
Alta
79,60 %
39.623,28€
31.540,13€
Haberá que facer os investimentos precisos para a homologación dunha aula de carpintería e moble (Aula de formación, taller, oficinas e almacén). Vaise reformar e ampliar os locais e mercar a maquinaria precisa para poder homologar o taller para certificado de profesionalidade de nivel 1 e de nivel 2.
> Mellora da Eficiencia Enerxética da Iluminación dos Parques Públicos
“Maximino Canedo” e “O Recreo” do Concello de A Laracha
Expediente: L17-1920-22-0038
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de A Laracha
A Laracha – Torás
29 puntos
Alta
75,60 %
37.873,00€
28.631,99€
Vanse cambiar as luminarias existentes por luminarias LED de alto rendemento para conseguir un aforro e eficiencia enerxética moi altos, xa que reduce o consumo (27.629 kwh/ano) e ademais hai unha diminución de emisión de CO2 (9,5 Tn).
> Área Recreativa-Deportiva e Parque Temporal de Maquinaria Agrícola
Expediente: L17-1920-22-0036
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Fisterra
Hermedesuxo de Abaixo – Duio (Fisterra)
49 puntos
Baixa
43,60
42.350,00€
18.464,60€
Vanse facer as actuacións necesarias para crear unha zona pavimentada para poder celebrar actividades tanto recreativas, como deportivas e ao mesmo tempo poder ter un espazo para que poida vir a unidade móvil de ITV de vehículos agrícolas 2 veces ao ano. Así mesmo instalaranse unhas mesas, bancos e taburetes de pedra e un xogo de canastras de baloncesto.
> Climatización Auditorio e Sala de Reunións en Baio destinados a aulas de
formación
Expediente: L18-1920-22-0064
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Zas
Baio (Zas)
39,0
Alta
79,60%
20.019,03 €
15.935,15 €
O proxecto ten como obxectivo a mellora das infraestruturas en 2 locais municipais, co obxecto de adaptalos para aulas de formación (cursos varios; actividades formativas como as programadas coa Universidade senior da Coruña; cursos para desempregados; formación non regrada, etc.). Os locais nos que se realiza a actuación son o auditorio de Baio, que se destinará fundamentalmente a formación para maiores de 55 anos e a sala de reunións, localizada tamén no núcleo de Baio, destinada ao público máis xoven, fundamentalmente menores de 30 anos. Os investimentos necesarios para a posta en marcha do proxecto son: a climatización das aulas mediante a instalación de bombas de calor e a renovación de aire, mediante a instalación de extractor e condutos para impulsión e/ou retorno de aire e accesorios.
> Renovación iluminación interior para a mellora da eficiencia enerxética
Centro de Interpretación Buño Oleiro e Terras de Bergantiños
Expediente: L18-1920-22-0058
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Malpica de Bergantiños
Buño (Malpica de Bergantiños)
33,0
Alta
77,20%
37.185,00 €
28.706,82 €
O proxecto consiste na renovación da iluminación interior para a mellora da eficiencia enerxética do antigo Centro Comarcal de Bergantiños, para dedicalo a museo baixo a nova denominación "Centro de Interpretación do Buño Oleiro e das Terras de Bergantiños (CIBOTB)” , que pretende ser novamente un referente na comarca tratando de difundir a importancia cultural, histórica e etnográfica da tradición oleira e colaborar tanto na promoción da olería como na súa interpretación para mostrar os procesos de traballo dos oleiros e tamén a promoción dos recursos turísticos da Comarca de Bergantiños.
> Mellora de Eficiencia Enerxética da Iluminación Pública do Casco Histórico – Artístico de Corcubión
Expediente: L18-1920-22-0049
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Corcubión
Corcubión
32,0
Alta
76,80%
36.300,00 €
27.878,40 €
Preténdese co proxecto mellorar un valor patrimonial como o Conxunto Histórico Artístico de Corcubión, mellorar a eficiencia enerxética e a iluminación da zona cunhas instalacións mais pulcras e acordes co entorno. A actuación proposta por un lado mantén a estética e os sinais de identidade dos equipamentos e por outra aplica as mais modernas técnicas de iluminación LED, que permiten unha mellora da eficiencia enerxética, unha maior eficacia na iluminación de elementos singulares urbanos e unha valorización do Camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Co novo tipo de iluminación poderanse destacar elementos singulares do CHA de Corcubión como brasóns nobiliarios, patíns, arcos ou fachadas.
> Centro de Investigación, Capacitación e promoción Apícola (CICAPIS)
Expediente: L18-1920-22-0054
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación EFA Fonteboa
Feiranova (Coristanco)
63,0
Alta
89,20%
46.723,96 €
38.000,00 €
O proxecto consiste na creación dun “Centro de Investigación, Capacitación e Promoción Apícola” coa finalidade de difundir, valorizar, capacitar e innovar na actividade apícola como fonte xeradora de riqueza económica, social e principalmente medioambiental. Os destinatarios principais serán: os mozos e os apicultores (que na súa maioría sobrepasan os 55 anos).
> Formación dual acreditada para persoas con discapacidade
Expediente: L18-1920-22-0066
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación ASPABER
A Brea (Carballo)
58,0
Alta
87,20%
103.125,00 €
33.978,18 €
O obxectivo xeral do proxecto é acreditar a formación para o emprego recibida polas persoas con discapacidade intelectual. Os obxectivos específicos son: 1) poñer en marcha unha innovadora oferta formativa adaptada ás persoas con discapacidade intelectual para que, por medio da formación dual, poidan adquirir os coñecementos e as competencias necesarias para desempeñar un posto de traballo determinado, e obteñan unha certificación; 2) adecuar as instalacións onde se impartirá a formación acreditada, mediante a reforma parcial dunhas dependencias do
Centro Aspaber.
> Encaixas. Creación de Nova Aula – Espazo Expositivo no Museo do Encaixe
Expediente: L18-1920-22-0074
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Camariñas
Camariñas
46,0
Alta
82,40%
52.054,53 €
38.000,00 €
O proxecto consiste na adecuación do actual espazo expositivo con mobiliario e iluminación adecuada para transformar este espazo en aula de encaixe ou espazo expositivo segundo a actividade a desenvolver. Ademais, refórmase o acceso para o cumprimento normativo de accesibilidade e mellórase as fachadas exteriores cun sistema de control solar, deseñado en relación coa imaxe do encaixe e vaise establecer unha imaxe de relación formal entre o edificio da Mostra de Encaixe e o Museo de Encaixe.
> Reforma da planta baixa da escola unitaria destinada a local para cursos de
formación en San Cremenzo de Pazos
Expediente: L19-1920-22-0084
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Zas
San Cremenzo de Pazos (Zas)
44 puntos
Alta
81,60%
13.566,94 €
11.070,62 €
O obxectivo do proxecto é a adecuación da pranta baixa da escola, renovándoa íntegramente para poder adaptala ao novo uso que será unha aula de formación e reunión para os veciños desta parroquia. Con este proxecto preténdese aglutinar arredor da casa da escola todo un proxecto de formación, coñecemento e desenvolvemento cultural e social destinados a distintos públicos.
> Acondicionamento para Centro Socioformativo de Reboredo
Expediente: L19-1920-22-0090
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Vimianzo
Reboredo (Vimianzo)
41 puntos
Alta
80,40%
40.289,36 €
32.392,65 €
O proxecto consiste no acondicionamento do edificio principal e alpendre anexo á antiga escola de Reboredo, incluído na mesma parcela, co acceso independente ao resto da edificación dende o patio interior existente. Este espazo vaise empregar como aula formativa onde se dean cursos de cociña e charlas culinarias e de produtos tradicionais da zona. Vaise por en valor ademais o patrimonio local. Usaranse materiais nobres como a pedra e as carpinterías de madeira de roble e equiparase co mobiliario e equipos necesarios para desenvolver a actividade.
> Mellora ambiental no campo de fútbol de Lariño
Expediente: L19-1920-22-0081
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Carnota
Lariño (Carnota)
44 puntos
Baixa
41,60%
100.616,28 €
34.434,18 €
O proxecto consiste nun investimento de interese público, nun campo de fútbol completamente abandonado, corrixindo o impacto ambiental que producen as instalacións neste tramo de costa. Para elo crease unha dotación con bancos, plantación de árbores e colocación de varanda de madeira e mellorarase o pavimento do vial de acceso. Por outra parte, preténdese a instalación dunha pista de pádel de 20x10 m2 e adecuaranse os noiros e a explanada existentes con revexetación e perfilado dos mesmos e formación de sendeiros.
> Servizo de Transporte Adaptado
Expediente: L18-1920-22-0057
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación INTEGRO
A Pedra - Nantón (Cabana de Bergantiños)
54,0
Alta
85,60%
42.821,90 €
36.655,55 €
O proxecto consiste na adquisición dun vehículo - furgón, adaptado para transportar persoas con diversidade funcional. O vehículo será de 9 prazas e irá preparado para dúas cadeiras de rodas, plataforma elevadora, … Con este vehículo proporcionaráselle un servizo de transporte adaptado ás persoas con diversidade funcional (discapacidade) residentes na Costa da Morte, para facilitar a súa participación social e a promoción da súa autonomía persoal.
> O Brandomil Romano e o Camiño de Santiago a Muxía
Expediente: L19-1920-22-0103
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Fundación Brandomil
Brandomil (Zas)
58,0
Baixa
47,20%
14.129,50 €
6.669,12 €
O proxecto consiste en por en valor o patrimonio romano de Brandomil, un dos obxectivos principais da Fundación, así como a difusión e colaboración na conservación do mesmo.
As actuacións a realizar neste proxecto son:
- Creación dunha páxina web para a fundación enfocada na posta en valor e difusión do patrimonio romano de Brandomil e do Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil.
- Rodaxe e realización dun documental con testimonios de persoas maiores e antropólogos, historiadores e arqueólogos implicados no proxecto do Brandomil romano.
- Realización dunha charla para a posta en común de todos estes aspectos, e buscar solucións e actuacións posibles para a recuperación do patrimonio histórico de Brandomil.
- Traducción ao ingles do libro "Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil" , libro xa realizado en galego e castelán, a fin de dar a coñecer este patrimonio inmaterial a todo o mundo.
> Recuperación e consolidación do Muíño de Pedra Vixía
Expediente: L20-1920-22-0117
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación de Veciños de Tabeirón de Baio
Gomarís (Zas)
57,0
Media
66,80%
15.967,59 €
10.666,35 €
O proxecto consiste en recuperar e rehabilitar o Muíño de Pedra Vixía, que é propiedade de 8 veciños do lugar de Gomarís, Parroquia de Lamas, Concello de Zas. Estes veciños cédenlle o muíño á Asociación de Veciños Tabeirón de Baio para que poida actuar nel.
O Muíño de Pedra Vixía está situado a escasos 100 metros da paraxe natural do mesmo nome, na beira do río Zas, preto da súa desembocadura no río Grande do Porto.
O que se pretende facer é limpar a maleza; desescombrar os restos da cuberta que se derrubaron no interior; traballos de cantería consistentes en restaurar as paredes moi deterioradas; fabricar e colocar topetes de pedra para posteriormente colocar a cuberta de madeira con fibrocemento e tella do país. Hai que fabricar e instalar a capa de pedra que foi sustraída e o rodicio, ademais de instalar a moega onde se verte o millo; o caixón onde cae a fariña e a porta de madeira.
> Intervención arqueolóxica no Camiño de Pedra do Altar en Brandomil
Expediente: L21-1920-22-0128
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Fundación Brandomil
Brandomil (Zas)
54,0
Media
65,60%
7.980,15 €
5.234,98 €
O proxecto consiste na realización dunha prospección arqueolóxica nas fincas propiedade da Fundación Brandomil, na busca da calzada romana que levaba ata as minas de ouro e estaño que explotaron os romanos e que seguramente, seguía despois ata o fin do mundo. Este camiño real cruzaba por unha ponte antiga sobre o rego do Barriazón, ponte que neste momento está abandonada debido a que na concentración parcelaría fíxose unha nova, ao igual que un camiño novo, deixando este vello camiño abandonado ata agora. A acción consistiría na limpeza da vexetación existente con eliminación dos cotóns das árbores existentes, sen a súa extracción á forza, para non danar as posibles estruturas existentes no subsolo.
Despois da limpeza da vexetación faríanse unhas catas de exploración para buscar a ruta deste camiño.
> Subministro de material informático para Aula Informática do Edificio de
Servizos Múltiples
Expediente: L21-1920-22-0135
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Coristanco
Coristanco
52,0
Alta
84,80%
13.399,95 €
11.363,16 €
Preténdese acondicionar un local no que se ubicará a aula de informática do edificio de servizos múltiples do Concello e cunha dotación de equipamento técnico axeitado para o desenvolvemento das distintas áreas de traballo.
O obxetivo é difundir, formar, promocionar e valorizar na actividade de axuda a implementar as novas tecnoloxías, así como o seu acceso ás persoas do mundo rural, facilitando así a súa formación como fonte xeradora de riqueza económica, social e medioambiental.
Quérese crear unha aula para 15 alumnos e unha persoa docente, co obxeto de impartir cursos e obradoiros de informática.
> Dotación equipamento para aulas de formación e punto de acceso a internet
Expediente: L21-1920-22-0140
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Cee
Cee
29,0
Alta
75,60%
17.105,77 €
12.931,96 €
O proxecto consiste na habilitación dunha área de formación na Casa de Cultura de Cee, integrada por unha aula informática que funcionará como aula de formación tanto para cursos presenciais como online e unha sala de exposicións limítrofe á mesma para o seu uso en atividades formativas que non requiran equipamento informático. Polo cal equiparase a aula de formación con 16 PCs e un proxector fixo e a sala de exposicións dun equipo proxector permanente. Ademais dunha zona de acceso libre á rede para que os usuarios da instalación poidan realizar labores de navegación e consulta, situada na biblioteca municipal, no mesmo andar da Casa de Cultura.
> O Brandomil Romano, segunda prospección arqueolóxica
Expediente: L22-1920-22-0149
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Fundación Brandomil
Brandomil (Zas)
54,0
Media
65,60%
26.217,22 €
17.198,82 €
O proxecto consiste na realización dunha prospección arqueolóxica nas fincas propiedade da Fundación Brandomil, na busca da calzada romana que levaba ata as minas de ouro e estaño que explotaron os romanos e que seguramente, seguía despois ata o fin do mundo. Este camiño real cruzaba por unha ponte antiga sobre o rego do Barriazón, ponte que neste momento está abandonada debido a que na concentración parcelaría fíxose unha nova, ao igual que un camiño novo, deixando este vello camiño abandonado ata agora.
No ano 2021 fixéronse unhas sondaxes arqueolóxicas na zona de Pedra de Altar, do lugar de Brandomil, nas fincas examinadas, propiedade da Fundación. Atopouse un anaco dunha vía empedrada tipo “GLAREA”, este achado lévalles a pensar na existencia dun tramo máis longo desta calzada así coma outro tipo de restos arqueolóxicos. Outro descubrimento dentro destas sondaxes foi un vertedoiro de toda clase de residuos, todo este lixo está amontoado nunha zona do camiño que está mçais baixa que o terreo.
Para unha mellor interpretación do terreo e da zona creen necesario un estudo de xeoradar nas fincas en cuestión.
> Acondicionamento e mellora para posta en valor da senda fluvial do
Refuxio de Verdes no río Anllóns
Expediente: L23-1920-22-0158
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Coristanco
A Ervelleira - Verdes (Coristanco)
56,0
Media
66,40%
39.988,61 €
26.552,44 €
O proxecto consiste no acondicionamento e mellora dunha senda fluvial no marxe dereito do río Anllóns, cerca do Refuxio de Verdes. Preténdese acondicionar uns 1.187 metros de longo e 0,70 metros de anchura, de tal forma que quede lista e adaptada para podela disfrutar tamén os colectivos máis vulnerables coma nenos, anciáns e persoas con movilidade reducida.
> Adecuación da sede AFABER
Expediente: L23-1920-22-0159
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
AFABER
Mirón - Bértoa (Carballo)
46,0
Alta
82,40%
10.750,93 €
8.858,77 €
O proxecto consiste na adecuación dun local para a sede da entidade AFABER (Asociación de Familiares de persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer e outras demencias). A localización actual da sede da Asociación é un local en réxime de aluguer de 109 m2, situado no núcleo de Carballo onde se realizan os programas de estimulación a persoas afectadas e a atención ás súas familias. A entidade conta cun equipo de 7 persoas (2 técnicas en coidados auxiliares de enfermería; 1 técnico en atención sociosanitaria; 1 técnica en animación sociocultural; 1 terapeuta ocupacional; 2 educadoras sociais). Ao longo do ano 2023 AFABER cambiará a ubicación da sede e lugar onde desenvolver os seus servizos e terapias a este local, situado na parroquia de Bértoa no lugar de Mirón, no concello de Carballo. O local ten un total de 205m2 útiles e 218 construídos. A adecuación da sede da entidade no novo local terá melloras en diferentes factores:
-Aumento dos servizos especializados de logopedia, psicoloxía, terapia ocupacional e fisioterapia no propio local.
-Aumento no número de prazas dos programas de estimulación físico-cognitiva, co que poder ofrecer atención a un maior número de persoas.
> Proxecto de mellora da infraestrutura silvopastoril no monte de Montecelos
Expediente: L23-1920-22-0162
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
C.M.V.M.C. Montecelos
Montecelos (Vimianzo)
42,0
Media
60,80%
49.500,00 €
30.096,00 €
O proxecto consiste na mellora da infraestructura silvopastoril no monte veciñal de Montecelos.
Instalarase un cercado perimetral de 2.680,10 metros de longo a base de malla electrosoldada de 6mm de grosor e 1,5 metros de alto con postes de madeira. Tamén se abrirá un camiño/pista forestal pola beira de dito peche, o que permitirá que os animais non saian do monte; o camiño permitirá un mellor acceso para o coidado dos animais e permitirá percorrer o monte cando haxa visitas. Co que o destino previsto destas actuacións é o confinamento do gando para a súa protección fronte ao lobo e para que non escape a outros montes lindeiros e poidan causar danos. O gando permite a conservación da paisaxe forestal, aproveitase a vexetación espontánea e axuda a reducir os incendios.
> Restauración retablo lateral esquerdo Igrexa San Martiño de Cores
Expediente: L23-1920-22-0164
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Asociación Cultural Progreso
Cores (Ponteceso)
35,0
Media
58,00%
16.500,00 €
9.570,00 €
O proxecto consiste na restauración do retablo lateral esquerdo da igrexa de San Martiño de Cores. A intervención levarase a cabo por parte dunha empresa especializada. O proxecto conta co permiso da Dirección Xeral de patrimonio Cultural.
> Dotación de equipos informáticos para aula móbil de formación no rural
Expediente: L23-1920-22-0169
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Cee
Cee
29,0
Alta
75,60%
24.550,90 €
18.560,48 €
O proxecto consiste na adquisición dunha veintena de equipos portátiles, así como o mobiliario (cadeiras e mesas) necesario para a impartición de cursos. Tamén se adquirirá unha unidade NAS e 2 discos duros para a xestión de contidos formativos. O obxectivo é a realización de cursos formativos en novas tecnoloxías polas
diferentes casas de cultura das parroquias, para tratar de reducir a brecha dixital. Os investimentos necesarios son: 1 servidor NAS, 10 mesas plegables, 20 ratos inalámbricos, 20 cadeiras, 2 discos duros para o NAS, 20 portátiles e 20 fundas.
> Proxecto de desenvolvemento da aplicación informática para a xestión de
instalacións deportivas e culturais municipais
Expediente: L23-1920-22-0172
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de A Laracha
A Laracha
22,0
Alta
72,80%
8.361,10 €
6.086,88 €
O proxecto consiste nunha aplicación informática a través da cal se poderá facer a reserva de instalacións deportivas e culturais en liña, dun xeito áxil, sinxelo e rápido, sen ter que desplazarse ata o concello ou ata as instalacións para poder facer as reservas. O servizo estará operativo as 24 horas do día, tódolos días do ano.
> Aula Aberta de Formación e Investigación Apícola (AFIA)
Expediente: L17-1920-22-0017
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Asociación EFA Fonteboa
Coristanco
Preténdese acondicionar un local no que se ubicará a Aula Aberta de Apicultura e cunha dotación de equipamento técnico axeitado para o desenvolvemento das distintas áreas de traballo. O proxecto ten como obxectivo difundir, formar, promocionar e valorizar a actividade apícola como fonte xeradora de riqueza económica, social e medioambiental.
Arquivouse o proxecto por non verificar favorablemente o ICE Agader.
> Desenvolvemento da Marca Colectiva “Costa da Morte”
Expediente: L17-1920-22-0022
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Federación de Empresarios Costa da Morte
Vimianzo
Co proxecto preténdese crear un selo de MARCA “COSTA DA MORTE” como garantía de calidade e de orixe dos produtos elaborados e servizos prestados, que beneficie ás empresas deste territorio, é dicir, desenvolver a Marca Colectiva "Costa da Morte". Arquivouse o proxecto por non verificar favorablemente o ICE Agader.
> Sabor Rural
Expediente: L18-1920-22-0056
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación
Territorio Costa da Morte
Proxecto non produtivo coa denominación “Sabor Rural” para mellorar as tecnoloxías da información e comunicación, así como o seu uso no medio rural mediante a creación dunha plataforma web para desenvolver unha labor de difusión e promoción dos produtos tradicionais do medio rural galego e promocionar de forma conxunta os diferentes produtos estrela de cada comarca galega.
Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non é elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases reguladoras e/ou da estratexia do GDR. Verificado por AGADER.
> FESTICIENCIA
Expediente: L18-1920-22-0065
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Fundación Eduardo Pondal
O Couto – Cospindo (Ponteceso)
A proposta busca crear un gran evento científico para estudantes e público en xeral na sede da Fundación Eduardo Pondal, na que se habilitarán zonas da sede e unha carpa exterior onde se levarán a cabo a maior parte das actividades, consistentes en diversas xornadas relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía.
Emitiuse ICE desfavorable xa que non se cumpre co requisito de xustificación da moderación de custos. Verificado por AGADER.
> Acondicionamento Zonas Verdes de Fonte Chorente e Ponte Constante
Expediente: L18-1920-22-0072
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Previsto:
Subvención Prevista:
Descrición:
Concello de Muxía
Chorente – Moraime e Ponte Constante – Sinagoga (Muxía)
47,0
Baixa
42,80%
47.574,11 €
20.361,72 €
Con estas actuacións vanse recuperar dúas zonas que están en mal estado. A actuación en Chorente pretende incidir positivamente na conservación do patrimonio tendo en conta que se vai recuperar unha fonte e un lavadoiro de pedra tradicionais, que servirá de zona de descanso e ocio, podendo ademais ser usadas como antigamente, tanto para coller auga como para lavar roupa. Coa actuación de Ponte Constante recupérase e mellórase unha área de recreo usando materiais nobres e tradicionais como a madeira, a pedra e a tella do país, que poderán ser usadas tanto polas xentes do lugar e do concello, como polos visitantes.
Arquivouse o proxecto por non verificar favorablemente o ICE Agader.
> Mellora da eficiencia enerxética do sistema de calefacción do Spa da
piscina pública da Laracha
Expediente: L18-1920-22-0073
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Concello da Laracha
A Laracha
O proxecto consiste en instalar un novo grupo de bombas e conexións con illamento térmico para levar auga quente dende o xerador de calor existente de pellets para dar servizo ao SPA.
Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non se considera Finalista. Verificado por AGADER.
> Actuacións recuperación e mellora do Patrimonio Natural e Cultural para o
desenvolvemento rural. Verdes
Expediente: L20-1920-22-0111
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Concello de Coristanco
Verdes (Coristanco)
O proxecto consiste na realización dunha serie de actuacións na Área Etnográfica e Recreativa do Refuxio de Verdes, parroquia de Verdes -Coristanco:
- Limpeza do terreo e retirada de maleza, elementos vexetais e troncos das ribeiras e do cauce do río, limpeza do mobiliario existente.
- Mantemento de pontes e pasarelas en bo estado e retirada e sustitución das que están mal por outras novas.
- Rehabilitación exterior dun muíño en estado semirruinoso.
- Instalación de novo mobiliario como complemento ao existente.
Emitiuse ICE desfavorable por non presentar documentación requirida en tempo e forma. Pendente de verificación por parte de AGADER.
> Aforro e eficiencia enerxética do alumbrado público no parque municipal e
viales de acceso
Expediente: L21-1920-22-0136
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Concello de Coristanco
Coristanco
O proxecto consitía na mellora da eficiencia enerxética do alumeado público das farolas do parque municipal de San Roque e das calles de acceso. Entre outras cousas íanse cambiar 48 luminarias, das cales 20 serías no parque e 28 serían nas rúas de acceso.
Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non é elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases reguladoras e/ou da estratexia do GDR. Verificado por AGADER.
> Costa da Morte: Naufraxios
Expediente: L21-1920-22-0137
Promotor:
Lugar:
Descrición:
Asociación Cultural Dutika Mere
Costa da Morte
Proposta escénica de acción, inmersa nun enclave con patrimonio natural e histórico na Costa da Morte. Trataríase da preparación e representación dun espectáculo multidisciplinar que mistura teatro e música en varios Concellos da Costa da Morte.
Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non é elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases reguladoras e/ou da estratexia do GDR. Verificado por AGADER.
> Elaboración da numeración dixital, xeración das bases de datos e
subministro do mapa dixital sobre SIX
Expediente: L21-1920-22-0139
Promotor:
Lugar:
Puntuación:
Prioridade:
% de Axuda:
Investimento Aceptado:
Subvención Aprobada:
Descrición:
Concello de Ponteceso
Ponteceso
32,0
Alta
76,80%
56.019,31 €
38.000,00 €
O obxecto deste proxecto é a elaboración da numeración dixital, xeranción das bases de datos e subministro da plataforma do mapa dixital sobre o six do Concello de Ponteceso.
Arquivouse o proxecto por renuncia expresa do Concello de Ponteceso.
> Monte Neme
Expediente: L23-1920-22-0178
Promotor:
Lugar:
Investimento Previsto:
Descrición:
C.M.V.M.C. Monte Neme de Oza
Monte Neme (Carballo)
6.200,00 €
Redacción de proxecto de ordenación para uso responsable do monte.
Emitiuse ICE desfavorable xa que o proxecto non é elixible ao abeiro das fichas de elixibilidade das bases reguladoras e/ou da estratexia do GDR. Verificado por AGADER.