top of page

Quen é a Asociación Costa da Morte-GDR?

É unha asociación sen ánimo de lucro que se constituiu coa finalidade de ser o núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.

Cal é o Territorio de Actuación da Asociación?

> Inicialmente foi o dos concellos de: Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas e a partir do 22/04/2016 ampliouse o territorio aos concellos da Comarca de Bergantiños.

> Actualmente o territorio de actuación é o dos seguintes 17 concellos: Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.

Cando se creou ?

Houbo dúas asembleas constituíntes:

1ª.- O 19 de xullo de 2008, en Baio, nela acordouse o seguinte:

> Elexiuse o nome: “Asociación Costa da Morte-GDR”

> Aprobáronse as cotas de entrada e mantemento anual (20€ entidades privadas e 500€ concellos)

> Aprobouse o número de representantes por Mesas Sectoriais que forman parte da Xunta Directiva (máximo de 29 membros)

 

2ª.- O 8 de Agosto de 2008, en Vimianzo, nela acordouse o seguinte:

> Elexíronse os representantes de cada Mesa Sectorial

> Elexíronse as persoas para ocupar os cargos de: Presidente/a, Vicepresidente/a, Tesoureiro/a e Secretario/a.

> Aprobáronse os Estatutos Sociais e quedou formalmente constituida a asociación.

Funcións do GDR

A Asociación foi creada no 2008 para concurrir á xestión do Programa “Leader Galicia 2007-2013”. Na actualidade somos un Grupo de Desenvolvemento Rural e levamos a xestión do Programa Leader no noso territorio de actuación. Este Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) ten como función principal executar a Medida Leader no Marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. No marco desta función xenérica, corresponderalle:

1. Informar e asesorar á poboación rural sobre o contido e alcance do programa de desenvolvemento rural e incentivar a participación activa no mesmo.

2. Promover e captar iniciativas, así como acompañar aos promotores no proceso de maduración de proxectos.

3. Avaliar e seleccionar proxectos promovidos polos promotores do territorio.

4. Efectuar, por delegación de AGADER, o control e seguimento da execución dos proxectos.

O GDR axustará a súa actividade aos principios de colaboración, obxetividade, imparcialidade, eficacia, eficiencia, transparencia, publicidade e libre concurrencia.

Órganos da Asociación

Colexiados:

> Asemblea Xeral

> Xunta Directiva

> Mesas Sectoriais

Unipersoais:

> Presidente/a: Manuel Muiño Espasandín

> Vicepresidente/a: Francisco Javier González Trillo

> Secretario/a: José Manuel López varela

> Tesoureiro/a: Luis García Fernández

Mesas Sectoriais e Número de Representantes

> Sector Agrario e Gandeiro (2)

> Sector Forestal (1)

> Asociacións de Mulleres (1)

> Asociacións de Mozos (1)

> Asociacións de Acción Social (1) 

Asociacións para a Conservación, Protección e/ou Mellora do Ambiente (1)

> Asociacións de Empresarios e asociacións Profesionais (1)

> Asociacións Culturais (1)

> Asociacións Deportivas, Recreativas, de Veciños e sectores non adscritos noutras mesas(2)

> Sector Turismo e Hostalería (1)

> Sector de Artesanía (1)

> Sector Institucional (8)

Equipo Técnico

O GDR, para a xestión da Medida Leader no Marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020 (PDR), conta co seguinte equipo técnico:
Xerente: José Antonio Vila García

Técnico: Alberto Martínez Pose
Administrativa: Mª Soledad Facal Ameijeiras

bottom of page