top of page
Buscar

Acordos tomados na Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Costa da Morte GDR

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 3 jun 2017
  • 2 Min. de lectura

A Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Costa da Morte GDR – presidida por Manuel Muíño - na reunión celebrada o 02/06/2017, tratou os seguintes temas:

1º.- Aprobación das actas de sesións anteriores

Aprobáronse as actas das Asembleas do 22/04/2017 e do 25/06/2016

 

2º.- Aprobación , se procede, das contas anuais do ano 2016.

Expuxéronse as contas anuais do ano 2016, balances e contas de perdas e ganancias, e foron aprobadas por unanimidade dos presentes.

 

3º.- Aprobación, se procede, do orzamento do ano 2017.

Explicouse o orzamento de 2017 e foi e foi aprobado por unanimidade dos presentes.

 

4º.- Aprobación, se procede, do informe de xestión do ano 2016.

O Presidente explica os asuntos mais importantes reflexados no informe de xestión, explicando tamén como foi o proceso de integración ata configurar o ámbito de actuación territorial actual, coa adición dos municipios incluídos no programa anterior xestionado polos dous GDR da zona, Bergantiños e Costa da Morte, e que agora se unifican e conforman o actual GDR 22 “Costa da Morte”. O territorio de actuación é moito maior na actualidade abarcando 17 concellos, cunha extensión de 1.713,7 km2 e unha poboación rural preto de 100.000 habitantes. Tíñanse solicitado 5.000.000€ para a aplicación do programa Leader 2014-2020 no territorio, pero ao final só nos aprobaron 3.400.000 €.

Unha vez rematadas as explicacións aprobouse por unanimidade o Informe de Xestión do ano 2016.

 

5º.- Programa Leader 2014-2020

Explicouse brevemente a situación do programa Leader actual. Destácase o elevado número de solicitudes de axuda , e que xa nesta primeira convocatoria, despois de analizados os proxectos polo equipo técnico e á espera das verificacións de AGADER, as propostas de axuda estarían en torno ao dobre da dotación orzamentaria para a convocatoria 2017-2018.

O importe do investimento previsto solicitado na convocatoria de marzo de 2017 estaría entorno a 5.250.000€ e as propostas de axuda entorno a 1.650.000€.

Así mesmo estáselle a informar as potenciais promotores de proxectos que esperen para presentar solicitudes ata principios do ano que ven, para que os proxectos poidan optar a ser avaliados en dúas convocatorias, xa que se se presentan no que queda do ano 2017 os proxectos só poderán optar a convocatoria que saia en 2018, e da outra forma terían outra posibilidade na que saia no 2019.

 
 
 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page