top of page
Buscar

"Costa da Morte - Terra Atlántica" participa nas "Jornadas Viajeras de Galicia".

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 12 jun 2019
  • 1 Min. de lectura

Jornadas Viajeras de Galicia
  • Tiveron lugar a fin de semana pasada no Museo MARCO, en Vigo.

  • A inauguración estivo a cargo de Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia.

  • Organizadas por Galicia TB, entre o público das Jornadas atopábanse profesionais de viaxes e turismo de toda España.

Vigo, 10 de xuño de 2019. A fin de semana pasada o Museo MARCO de Vigo acolleu a segunda edición das "Jornadas Viajeras de Galicia", organizadas por Galicia Travel Bloggers (Galicia TB). O encontro, que foi inaugurado por Nava Castro, Directora de Turismo de Galicia, transcorreu nun formato con distintas charlas, mesas redondas e relatorios de profesionais de viaxes e turismo. A marca ‘Costa da Morte – Terra Atlántica’ foi convidada para presentar o proxecto, o cal despertou grande interese entre os asistentes. Impulsada polo GDR Costa da Morte, esta iniciativa para a creación dunha marca territorio busca consolidar e potenciar a identidade da zona, en base ao reforzo e á distinción da produción local, baixo uns parámetros de calidade e valor diferencial. Pretende distinguir, visibilizar e consolidar no mercado os produtos ou servizos de empresas da Costa da Morte. A participación neste evento forma parte das accións de promoción previstas para este 2019, que seguirán a desenvolverse durante todo o verán e culminarán nun acto central de presentación pública da marca, que terá lugar a comezos de outono.

 
 
 
Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page