ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Vimianzo. 28 de outubro de 2021
Para conmemorar o Día Mundial da Eliminación da Violencia contra a Muller que se celebra o día 25 de novembro, o Gdr Costa da Morte organizará un acto simbólico xunto a Agader e en colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade e a Axencia de Turismo de Galicia, entidades dependentes da Vicepresidencia Primeira da Xunta de Galicia.
O día 13 de novembro, celebrarase unha ANDAINA POPULAR CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, en tódolos territorios dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural de Galicia. Cada unha delas, discorrerá por un tramo do Camiño de Santiago e rematarán todas as 13:00h cun acto onde se dará lectura a un manifesto en contra da violencia de xénero. Tras a lectura farase conexión por videoconferencia cos participantes de tódalas andainas que se celebrarán por toda a Comunidade.
Camiñaremos todos baixo o mesmo lema “O RURAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”.
A RUTA POLO NOSO TERRITORIO SERÁ A SEGUINTE:
11:15h Reunión no lugar de Olveiroa (Dumbría)
Desprazamento en bus ata a Igrexa de Corzón (Mazaricos)
11:45h Saída de Corzón ata Olveiroa
13:00h Lectura do manifesto conxunto en contra da violencia de xénero.
Videoconferencia cos participantes de tódalas andainas organizadas polos GDR de Galicia
O evento rematará cun aperitivo en "Casa Loncho" (Olveiroa)
Precísase inscrición previa para paricipar na andaina. As incricións deben realizarse a través dos seguintes medios: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou chamando aos telfs.: 981 71 73 58 / 678 648 065
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments