Concurso “A Receita do Mes” da Terra Atlántica
Vimianzo, 5 de abril de 2022
Dende a Terra Atlántica arrancamos abril con moitas novidades para continuar poñendo en valor a riqueza gastronómica, cultural e empresarial de todo o territorio da Costa da Morte. Entre as propostas creativas que se propoñen para os vindeiros meses, arrinca a primaveira cun concurso de receitas co fin de destacar a gran riqueza e calidade dos produtos do territorio, así como animar a todas as persoas que queiran amosar as súas destrezas culinarias participando nun concurso de receitas dende abril ata o vindeiro mes de setembro.
Os e as participantes que queran concursar só teñen que elaborar unha receita con produtos da terra e postealo nas súas redes -desta volta en Instagram- para que o público poida votar á que considere mellor de cada mes a través dos seus "likes". De entre todas as receitas que se posteen mensualmente, a gañadora será aquela que teña máis gostos do público.
En setembro seleccionaranse as 3 receitas que consigan máis "likes" e as/os concursantes responsables desas receitas gañadoras competirán en directo -nun dos establecementos de restauración adheridos á marca- polos marabillosos premios que ofrece Terra Atlántica ás e aos gañadores.
Pode revisarse as bases completas do concurso aquí e a presentación de propostas de xeito mensual -meses naturais- pode facerse dende o día 4 de abril ata o 30 de setembro.
Programación creativa da marca
Ademáis deste concurso de receitas en redes, dende a Terra Atlántica organizaranse tamén un Laboratorio artístico a partir do mes de maio para amosar todo o talento creativo que hai na Costa da Morte. A grella de actividades dos próximos meses inclúe plans para facer cos e as máis pequenos da casa ou un evento de Aventura no mes de xullo.
A Terra Atlántica culminará o verán cun certame gastronómico no mes de outubro, no que se entregará o premio á ou ao mellor Chef Amateur do concurso de receitas.
Pódense descargar as bases do concurso no seguinte enlace:
DESCARGAS_
Comments