DÍA MUNDIAL DO LEITE
Vimianzo 21 de maio de 2024
Co motivo da celebración do Día Mundial do Leite o día 1 de xuño de 2024 e para conmemorar dita efeméride, o CPR Fonteboa organiza unha actividade en torno ao leite na que participarán entre outros, os alumnos do propio Centro.
A actividade celebrarase o vindeiro venres 31 de maio de 10:00 a 13:30 horas no Pavillón Municipal de Baio (Zas), onde se desenvolverán varios obradoiros con lácteos e unha cata de produtos, expostos por diferentes empresas de transformación (queixos, iogures, etc.) que amosarán os seus produtos ao mesmo tempo que explicarán os procesos de elaboración.
Preténdese poñer en valor o leite e as ganderías sostibles como dinamizadoras do medio rural. O profesorado e o alumnado do CFGS de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal coordinarán todas as actividades nas que participarán escolares da zona, hostaleiros e público en xeral.
Na organización da edición do presente ano colaboran o Concello de Zas, APTCM (Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte) e o GDR Costa da Morte.
Programa do evento
• 10:00 h – 11:30 h: Obradoiros de produtos lácteos.
Obxectivo: Dar a coñecer aos nenos de primaria dos colexios de Zas, Cabana de Bergantiños e Vimianzo ós procedementos na elaboración de diferentes produtos lácteos (queixo, iogur, manteiga, etc.) con degustación dos mesmos.
• 10:00 h – 13:30 h Conferencias técnicas.
Obxectivo: Actualizar aos profesionais do sector (gandeiros/estudantes/etc..) sobre os avances tecnolóxicos e prácticas innovadoras; promover a sustentabilidade na produción; mellorar a calidade e eficiencia do proceso produtivo e fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre expertos e produtores.
• 10:00 h – 11:30 h Cata de produtos lácteos galegos.
Unha cata de produtos lácteos exclusivos galegos para profesionais do comercio e a hostalería que busca profundar o seu coñecemento sobre a calidade e diversidade dos queixos e produtos lácteos galegos, mellorando a súa capacidade para recomendar e vender estes produtos exclusivos.
• 11:30 h – 13:30 h Degustación de portas abertas.
Unha degustación de portas abertas de produtos lácteos para o público en xeral para promover a calidade e variedade dos produtos locais; educar aos consumidores sobre os seus beneficios nutricionais e fortalecer a conexión entre produtores e a comunidade.
Inscricións
As inscricións para participar no evento poderán enviarse con data límite do 29 de maio, a través de correo electrónico ao enderezo: constante.lorenzo@fonteboa.es ou chamando ao teléfono: 649.688.949
DESCARGAS_
Comments