FALADOIRO SOBRE XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE
Vimianzo, 25 de agosto de 2023
Dentro das accións enmarcadas no proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), levarase a cabo o primeiro dos faladoiros previstos para o vindeiro mes de setembro. Este primer faladoiro - "Xestión Forestal Sostible" - celebrarase o vindeiro xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Social de Baio e centrarase en dar unha visión xeral sobre diversas estratexias para a administración e uso dos bosques e terreos forestais dunha maneira que manteñan a súa biodiversidade e o seu potencial para cumprir coas funcións pertinentes en materia social, económica e ecolóxica a nivel global sen causar danos a outros ecosistemas. As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:
Mercados de carbono para a xestión forestal. Poñente: Alba M. Devesa Fernández.
Certificación PEFC de xestión forestal e cadea de custodia de produtos forestais. Poñente: Elsa Grille Lorenzo. Xerente PEFC Galicia.
Os modelos silvícolas como ferramenta de xestión. Poñente: Érika Martínez Carreira. Directora Xeral da empresa FORESIN.
Exemplos de xestión forestal. Poñencias: CMVMV Baroña, Porto do Son (A Coruña); SOFOR Monte de Olveira, Dumbría (A Coruña).
Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65
DOCUMENTACIÓN:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments