FALADOIRO SOBRE XESTIÓN GANDEIRA E DE FORRAXES
Vimianzo, 15 de setembro de 2023
Continuando coa serie de faladoiros levados a cabo no marco do proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" no que o GDR Costa da Morte participa xunto con outros 4 GDRs (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), organízase o último dos faladoiros previstos para este mes de setembro. Este faladoiro - "Xestión Gandeira e de Forraxes" - celebrarase o vindeiro xoves 21 de setembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo. Esta xornada está enfocada en dar unha visión xeral do sector gandeiro e sobre as estratexias para a optimización da produción e para lograr unha maior sostibilidade produtiva, así como informar sobre as novas tendencias dos mercados. As temáticas centrais deste faladoiro serán as seguintes:
Aplicación práctica da nova Política Agraria Común (PAC). Poñente: Xoan Castro Ínsua. Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.
Implantación de pradeiras en terreos de monte. Poñente: Eloi Villada Legaspi. Membro da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.
O benestar animal e a bioseguridade nas explotacións de vacún. Poñente: Juan José Ínsua Louro. Oficina Rural de Baio - Consellería de Medio Rural.
Requirimentos medioambientais nas explotacións de vacún. Poñente: Juan Carlos Lauroba Sánchez. Oficina Agraria Comarcal de Baio.
O mercado do leite e as esixencias do consumidor e da cadea láctea. Poñente: Rafael García. Feiraco.
Ao remate do acto ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65
DOCUMENTACIÓN:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments