FALADOIROS SOBRE PAISAXES INTELIXENTES
Vimianzo, 21 de agosto de 2023
Dentro das accións a realizar ao abeiro do proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" financiado no marco do programa LEADER, polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA), o GDR Costa da Morte organiza unha serie de faladoiros relacionados con varias liñas de traballo do proxecto, co obxectivo principal de acercar á cidadanía temas tan relevantes para a xestión do noso territorio como a xestión forestal sostible; a xestión gandeira e de forraxes; así como a organización conxunta do territorio.
Estes faladoiros desenvolveranse en varias sesións distribuídas nas seguintes temáticas e localizacións previstas:
Xoves 7 de setembro ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio: XESTIÓN FORESTAL SOSTIBLE
Xoves 14 de setembro ás 19:00 horas no Hospital dos Peregrinos - Santa Margarida (Montemaior - A Laracha): XESTIÓN CONXUNTA DO TERRITORIO
Xoves 21 de setembro ás 16:00 horas na Casa da Cultura de Vimianzo: XESTIÓN GANDEIRA E DE FORRAXES
Ao remate de cada un dos faladoiros ofrecerase un aperitivo aos asistentes.
En breve publicarase a información detallada de cada un dos Faladoiros co programa completo.
INSCRICIÓNS EN: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com / Telf: 981 71 73 58 / 678 64 80 65
DOCUMENTACIÓN:
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comments