top of page
Buscar

INTERRITMOS: A FOLIADA E A "JARANA" COMO PRECURSORAS DAS JAM SESSION

  • Foto del escritor: Admin
    Admin
  • 1 abr
  • 1 Min. de lectura

Actualizado: 2 abr

Vimianzo 1 de abril de 2025




O programa Interritmos chega á Costa da Morte e continúa a súa aposta pola capacitación e a detección de talento en músicos novos cunha nova xornada denominada "A foliada e a jarana como precursoras das Jam Sessión", organizada polo GDR Costa da Morte e adscrita ao programa de formación e acompañamento coworking "Interritmos: Emprendemento Música de Raíz" promovido por EOI, Fundación Paideia e Fundación Paco de Lucía.

Este evento celebrarase o venres 11 de abril ás 18:00 horas na Fonte de Fornelos en Baio (Concello de Zas) coa participación de varias figuras recoñecidas do ámbito musical e cultural.


Iniciarase a xornada cun Faladoiro moderado por Patricia Hermida, manager e xestora cultural, quen guiará o debate arredor das boas prácticas nas xestións de espectáculos en vivo e o seu impacto na escena contemporánea. Acompañándoa estarán a frautista Trinidad Jiménez e o músico Andrés Boutureira, que achegarán a súa visión desde a práctica instrumental e a experiencia na fusión de estilos.


Como peche da tertulia, a Asociación Cultural Adro de Baio ofrecerá un "showcase" en vivo, poñendo en valor o repertorio e a vitalidade da música popular galega. Ademais, o evento culminará cunha degustación de produtos típicos do territorio da Costa da Morte, brindando unha experiencia sensorial completa aos asistentes.


Esta tertulia promete ser un espazo de reflexión e desfrute para músicos, xestores culturais e amantes da música tradicional, destacando o papel das fusións musicais na evolución da improvisación e da xestión de espectáculos.


Aforo limitado. Inscríbete antes das 12:00 horas do mediodía, do 9 de abril pinchando aquí a través do correo interritmos@paideia.es


Agardámosvos!!


 

DESCARGAS_

 

 
 
 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square

+ Info I 981 717 358

  • Black Facebook Icon
  • Black Instagram Icon
  • Black YouTube Icon

VIMIANZO

Edificio Servicios Múltiples.

Rúa A Torre, s/n

15129 - Vimianzo

T. 678 648 065

MALPICA DE BERGANTIÑOS

Centro Comarcal de Bergantiños.

A Camposa, s/n

15111 - Buño

T. 608 633 222

xunta.jpg
MAPA.Gob.Web.gif
bottom of page