INTERRITMOS: EMPRENDEMENTO MÚSICA DE RAÍZ
Vimianzo 1 de outubro de 2024
O proxecto “Interritmos” é un novo programa de detección e capacitación de talentos que suporá seguir avanzando nunha das liñas estratéxicas de desenvolvemento dos territorios a través da arte. É unha proposta baseada na innovación, o emprendemento, a aposta polos recursos creativos de Galicia e a participación activa da poboación local na que participan GDRs de Galicia, a Fundación Paideia, a FUNDACIÓN EOI e a Fundación Paco de Lucía. Ao longo deste ano e do seguinte, posibilitará programar formación e eventos nos que abordar diferentes xéneros artísticos como a música, as artes escénicas e actividades dirixidas a diferentes públicos.
Fomentarase ademais o emprendemento cultural e abrirase á toda a cidadanía a posibilidade de conectar con proxectos culturais doutros concellos e doutras partes do estado fusionando non só distintas disciplinas artísticas se non tamén culturais.
Nestes intres xa está aberto o prazo para presentar as candidaturas para participar na formación “Interritmos: Emprendemento Música de raíz” con 60 horas de formación presencial e en liña con profesionais e músicos de recoñecida traxectoria da música de raíz. As persoas participantes contarán con 40 horas de titorías individuais, masterclass e moito máis, dende o 22 de novembro 2023 ata o 9 de maio de 2024.
Durante o presente mes de outubro terán lugar varios eventos promocionais do programa que se detallan a continuación:
Venres 04 de outubro, de 19 a 21 h., no Auditorio Julio Vázquez, na Pobra de Trives. Organizado por @informacion@gdrsilbibeinavea.com
Sábado 12 de outubro, de 12 a 14 h., pte de ubicación. Organizado por @GDR Terra e Auga
Venres 18 de outubro, de 12 a 14h, en Solpor Caperpark · Sober. Organizado por @GDR Ribeira Sacra-Courel
Venres 25 de outubro, pte. de definir horario e lugar (en función da dispoñibilidade das artistas convidadas). Organizado por @gdr11@adercou.com
Sábado 26 de outubro, pte. de definir horario e lugar (en función da dispoñibilidade das artistas convidadas). Organizado por @Asociación Miño Ulla
Mais información e inscricións no espazo de capacitación: https://www.paideia.es/interritmos/
DESCARGAS_
コメント