top of page

O GDR Costa da Morte concorrerá ó proceso de selección de GDRs na medida Leader de Galicia 2023-2027

Vimianzo, 23 de xuño de 2022. A Xunta Directiva da Asociación Costa da Morte - GDR, presidida por Manuel Muíño, celebrada o 14 de xuño de 2022 adoptou os seguintes acordos:

1.- Aprobouse a acta da sesión anterior.


2.- Bases reguladoras selección de grupos para novo programa Leader 2023-2027

Logo de explicarse como será o procedemento sinalado nas bases reguladoras que publicou AGADER, por unanimidade dos presentes acordouse concorrer no procedemento de selección de organizacións candidatas a converterse en entidades colaboradoras na medida Leader de Galicia para o período 2023-2027, así como para accións preparatorias en apoio do deseño das futuras estratexias de desenvolvemento local participativo para o período 2023-2027.


En breve empezarase a traballar na planificación da futura EDLP da Costa da Morte, coa intención de que siga habendo fondos para poder axudar ás empresas, ás asociacións, concellos,... a sacar adiante novos proxectos para este territorio.


3.- Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria e Ordinaria

Logo de expoñerse a necesidade de introducir unha pequena modificación nos estatutos sociais do GDR para cumprir coas bases reguladoras de selección de grupos para o novo programa Leader 2023-2027, acordouse convocar unha Asemblea Xeral Extraordinaria para o sábado 09 xullo ás 09:30 horas e, ao rematar, celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria.


4.- Informes do Presidente

O Presidente informou sobre a presencia do GDR, representado por el mesmo e polo Xerente, no acto de celebración do 30 aniversario do LEADER en Galicia, que tivo lugar o pasado 13 de xuño en Cenlle (Ourense).

No acto estivo presente o Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro do Medio Rural, José González, quenes puxeron en valor a filosofía do Leader e a actividade dos GDRs, manifestando o seu apoio aos Grupos e apostando pola continuidade do Leader en Galicia. Moitos dos presentes nese evento tamén solicitaron aos actuais dirixentes que realizaran un esforzo para conseguir unha maior dotación de fondos na futura programación e así poder refrendar a súa aposta polo Leader segundo manifestaron no evento.


Tal como se reflexa na filosofía LEADER e na forma de traballar dos GDRs, o noso Grupo está aberto a novos socios que queiran asociarse á entidade e traballar todos en conxunto polo desenvolvemento deste territorio; traballamos co principio de “Portas Abertas”.


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook

 

Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page