Xornada final de valoración de actividades. Marca Costa da Morte-Terra Atlántica
Vimianzo, 18 de outubro de 2023
En relación coas actividades relacionadas coa marca Costa da Morte – Terra Atlántica, o vindeiro luns 23 de outubro de 2023 ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Baio (Zas), terá lugar a Xornada Final de valoración das liñas de traballo e actividades desenvoltas pola marca e proposta de novas actuacións de dinamización socioeconómica do territorio. A xornada está dirixida ás entidades socias da marca, pero tamén estará aberta á asistencia e participación da cidadanía. A finalidade é a de presentar os traballos de dinamización e divulgación da marca, así como facer unha valoración e proposta de continuidade de actividades. A xornada tentará converterse nun espazo de aprendizaxe que afonde no coñecemento mutuo e de boas prácticas de experiencias similares.
Esta actividade enmárcase dentro das accións de promoción e animación do territorio (medida 19.4 B do programa LEADER 2014-2020) e está cofinanciada pola Deputación da Coruña.
Con esta iniciativa queremos darlle visibilidade a todas as empresas que pertencen á marca e a todos os produtos e servizos da Costa da Morte, ademais de seguir medrando e conseguir ser unha Marca do territorio líder.
O programa da xornada pode descargarse no seguinte enlace:
Bình luận