top of page

XORNADAS FORMATIVAS: VALOR ENGADIDO Á PRODUCIÓN AGRARIA

Vimianzo. 6 de xuño de 2023


Dentro das accións a realizar no marco do proxecto de Cooperación "Paisaxes Intelixentes" financiado no marco do programa LEADER, polo Fondo Europeo Agrario de Desarrollo Rural (Feader); a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA), e no que o GDR Costa da Morte, entidade colaboradora da AGADER para a xestión deste programa, participa xunto con outros GDRs de Galicia (Asociación de Desenvolvemento Ribeira Sacra - Courel; Asociación de Desenvolvemento Comarca de Ordes; Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela e Asociación de Desenvolvemento Local Deloa), prevese a realización dun programa formativo orientado ao aumento do valor engadido na produción agraria.


Este programa formativo desenvolverase en varias xornadas distribuídas nos seguintes módulos ou temáticas:

  • Martes 13 de xuño de 10:00 a 14:00.- CULTIVO DE TOMATE E PHYSALIS. NOVAS VARIEDADES

  • Xoves 15 de xuño de 10:00 a 15:00.- VISITA HORTAS DO FOGAR

  • Martes 19 de setembro de 10:00 a 14:00.- BARREIRAS DE ENTRADA NOS MERCADOS

  • Xoves 21 de setembro de 10:00 a 14:00.- ESTRATEXIA COMERCIAL


A acción vai destinada a persoas vinculadas profesionalmente co sector produtivo de horta ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.


O obxectivo principal é dar a coñecer cultivos alternativos ás principais variedades hortícolas, así como unha introdución á transformación e comercialización de produtos de horta (rexistros, envasado, etiquetado,...), adquirindo coñecementos técnicos e profesionais para establecer e poñer en funcionamento estas alternativas e actuacións encamiñadas á posta en valor da produción agraria do territorio.


A formación levarase a cabo nas instalacións do CPR EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco).


As prazas son limitadas. Poderanse facer as reservas de praza para participación no curso en: gdrcostadamorte@gdrcostadamorte.com ou chamando ao telf.: 981 71 73 58.

Data límite de inscrición: luns 12 de xuño ás 12:00 horas.



DOCUMENTACIÓN:


 

> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte

Para máis información:

- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook



Comments


Entradas destacadas
Entradas recientes
Archivo
Buscar por tags
Síguenos
  • Facebook Basic Square
  • Twitter Basic Square
  • Google+ Basic Square
bottom of page