Xuntanzas para a participación e elaboración da EDLP do GDR Costa da Morte
Vimianzo, 7 de novembro de 2022.
O proceso de elaboración do documento que incluirá a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa do programa LEADER do GDR Costa da Morte para o período 2023-2027, implica necesariamente a participación activa de institucións, entidades e colectivos sociais e a cidadanía na elaboración de dita estratexia. Trátase dun proceso aberto aos habitantes do territorio. Por tal motivo deséñanse diferentes espazos de traballo de carácter presencial e virtual.
A participación presencial estrutúrase principalmente en dous espazos: as mesas sectoriais e os grupos estratéxicos do territorio. Neste sentido prográmanse para os vindeiros días as seguintes reunións presenciais:
- MESA SECTOR PÚBLICO: Xoves 10 de novembro de 2022 ás 09:30 horas no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa (Feiranova s/n, Coristanco).
- GRUPO ESTRATÉXICO Innovación e emprendemento no rural: Xoves 10 de novembro de 2022 ás 12:00 horas no Centro de Promoción Rural - EFA Fonteboa.
- MESAS SECTORIAIS: Xoves 10 de novembro de 2022 ás 18:00 horas no Centro Comarcal de Bergantiños (A Camposa s/n, Buño - Malpica de Bergantiños).
- GRUPO ESTRATÉXICO Inclusión social e reto demográfico: Martes 15 de novembro de 2022 ás 12:00 horas na sede da Asociación Integro (A Pedra - 30, Nantón - Cabana de Bergantiños).
- MESAS SECTORIAIS (segunda sesión): Martes 15 de novembro de 2022 ás 18:00 horas no Centro Sociocultural de Baio (Travesía de Fisterra,1-8, Zas).
Por outro lado, a participación virtual terá como principal finalidade contrastar e validar a información e propostas realizadas no marco dos espazos de participación presencial deseñados. A participación será aberta a entidades e á cidadanía en xeral do territorio. Esta reunión virtual celebrarase o xoves 1 de decembro de 2022 ás 18:00 horas a través da plataforma zoom: https://us02web.zoom.us/j/82254542755
Agradecemos a participación cidadana neste proceso de elaboración da EDLP do GDR Costa da Morte.
> Departamento de comunicación do GDR Costa da Morte
Para máis información:
- 981 71 73 58 (Centraliña) - www.gdrcostadamorte.com -Twitter: @GDRCostadamorte - gdrcostadamorte.wordpress.com - Tamén podes visitar a nosa páxina en Facebook
Comentarios